Archivo por meses: agosto 2013

Non saímos do lixo

Visto roupa que nenos chineses fan
Escravizados, só para o meu deleite
Teño unha dieta medianamente equilibrada
Tamén onde durmir cando queira facelo
Mexo e cago cunha envexable asiduidade
Non vou saír en ningún xornal, nin para ben nin para mal
A miña existencia é unha fermosa esfera rutinaria
Pero vivo ao borde da puta miseria do mundo occidental
E non sei como chegar ao camiño do Tao
Nin me convencen os coxíns da Teletenda
Non creo no poder das drogas tampouco
E nunca me verás queixarme diante túa
A miña vida está baleira de contido e forma
E abrázame demasiado forte a desidia
Moitas veces chámame poñéndome os xeonllos no esternón
E a veces desmáiome e non por iso escapo da dor
Vivo ao borde, xusto na liña divisoria da felicidade
Se fose un pouco máis sabio, ou un pouco máis ignorante sería feliz
Non me alegro de atopar o termo medio
Non teño un peso pero son demasiado rico para sentir
Non teño nada que me anime nin tampouco nada que me afunda
Só teño un enorme oco dentro das costelas,
Xusto onde debería estar o corazón