Archivo de la categoría: Benito Soto

Parte II (de II)

un mércores de abril

as 8 e media da tarde

aínda é de dia

fai calor

estou tirado na cama

escoitando algo non moi bo na radio

o aire entrá pola ventá

alguén berra no patio de luces

escoito a veciña do D cociñando

a vida podería ser algo máis

pero tamén moito menos

————————————————————-

o amor é un círculo vicioso

como as pelotas do meu gato

Prayer to God

No seu pescozo

xusto nese pescozo

polo que antes eu pasaba a miña man

e era feliz

Na súa boca

xusto dentro desa boca

na que antes estaba a miña lingua

e parecía que pelexabamos a morte por matarnos un ao outro e facelo ben

e era feliz

está agora ese tipo

ese imbécil

Deus, se estás aí e eres todopoderoso

mátao

faino sufrir primeiro

que berre

quero oílo lamentarse

pero mátao

pártelle esa cara de idiota que ten

borra ese estúpido sorriso para sempre

e serei feliz mentres rompes cada un dos seus dentes

e a ela

ela non ten culpa ningunha

pobre, seguro que está moi confusa

de todas as opcións, foi escoller a peor

non se dá conta que, de todos eses tipos, eu son o mellor

a ela mátaa

pero non a fagas sufrir

Festa de Homenaxe e tal

O sorriso de Eva

o escote de Laura no comedor media hora antes de ximnasia

os ollos verdes sempre tristes de María

as pernas un pouco fofas pero adorables de Tania

o pelo rubio case tan blanco como unha baixada de tensión nun día perfecto de Ana

os beizos de Cris cada vez que soño que ma chupa e a vida é maravillosa

o cu de Patri mentes a vexo andar e son feliz

Vai por todas elas

este innecesario gasto de esperma

un luns

ás 2 da mañá