Archivo de la categoría: Resegnas demoledoras

Hoxe,en «Critico hasta a mi madre»…

Que-es-lo-que-me-has-dado-papi -Un poemario no que participan Samuel París,Xesús,Brais e o señor Jouks.Con tal plantilla,que pode saír mal? Que pode saír ben? Que pode saír?

A poesía é unha merda.Partindo desa afirmación,atrévome a dicir que este libro/documento/PDF (ver enlace de descarga gratuíta que se colgou nesta páxina,non como se colgou Ian Curtis,senón como se colga un PDF) é unha das obras máis dignas de tal xénero que lin en moito tempo.E por que? Porque estes catro homes,catro como os Fantásticos,ou o Equipo A,ou como 4 eran os 12 Apóstolos cando lles faltaban oito,din as cousas directamente.Non hai florituras,non hai forma,non hai imaxes preciosas e contundentes.Nin moito menos son Lois Pereiro,nin sequera Yolanda Castaño,pero,ao lelos,parece que están sentados en fronte a un,co dedo corazón ben alto e os pantalóns polos nocellos,cunha hierática expresión de “E que?” que fai aumentar os niveis de testosterona considerablemente.Quen non os entende,é porque non quere.

Pero sería un erro moi común caer no tópico de que son uns xefazos,mais non teñen idea de escribir.Aínda que eles digan o contrario,non é certo.Pode que non todo sexa construír sonetos perfectos,nin marcar unha exacta rima asonante.Carallo,non! Iso non é poesía,iso son un conxunto de palabras que,ao xuntarse,fan bonito e nada máis.Como dicía Bukowski:”Cando o espírito desvanece a forma aparece” –e se non o dixo el,díxoo alguén-.Se a poesía non di algo,non falta ao respecto,non emprega linguaxe do día a día –entre a que,por suposto,se inclúen palabras malsoantes-,entón algo falla.A poesía é sucia,é directa,é como un tiro na cabeza,ou unha descarga eléctrica nas pelotas.A poesía ten que collerte e non soltarte ata que pase algo na túa cavidade gástrica.E non sei se o fan voluntariamente ou non,xa que ninguén chega a saber realmente o que un autor quere dicir,salvo en ocasións el mesmo (e non sempre),mais os Novos recuperan a esencia que,na miña opinión,é propia da poesía de verdade.Son tipos auténticos,e deses non hai moitos.

Poucos referentes teño dun estilo similar ao seu,quizais pola miña grande inexperiencia,excepto os Ronseltz na década dos 80/90,mais,señores,aí xa falamos palabras maiores.Tamén os poetas Di-Versos de Positivas,pero aínda así…Estes non son iguales,non sería tampouco divertido.Os Novos tanto critican a situación sociolingüística,como a lingüística vaxinal,como chaman subnormal a calquera,e sen despeitearse.Iso é o auténtico,a clave,esa é a base da súa yeah motherfucker coolness

O baixista de Balbordo Público dicía hai uns meses en Ribadeo “Estamos creando algo novo,algo que non é nin modernismo,nin tan sequera postmodernismo.Estamos creando o que virá despois”

E que é o que vén despois? Eu non o sei,mais quizais é:

 

“a miña moza de ibiza

 

deixoume

 

como o superei?

 

con cinco amigos

 

da palma”

 

Amén.E dito isto,que podemos alegar o resto de mortais: Que é unha puta merda? Pode.Que é un dos poemarios que máis falta facían hoxe en día? Tamén pode.Que todo o anteriormente dito é susceptible de ser mentira?

Dende logo,brother.