Archivo por meses: abril 2013

O tempo pasa voando

Hoxe non quedan anxos beatniks dispostos a nada para facelo todo

Non hai quen diga Hey babe, take a walk on the wild side

Faltan suicidas, borrachos e ionkis, falta apertura de miras

Camiñar sen saber sen saber se camiñar ou ir a onde sexa

Nin perderse nin morrer nin abafarse nin estoupar para renacer

E arder ante miles de millóns de menos elevados a unha potencia que nunca teremos

E dicir non non non non non hai quen diga non agora xa non

Todo nos dá igual pero non non queremos un cambio e non non

E movernos non non e dicir non non e bailar non non e estoupar outra vez non non

E dar a vida por algo que non existe no es constitucional e non non non e non te mates

E non morras non é legal que un decida sobre si queimarse vivo pena ou anguria ou

Cabalo ou morte de ferro ou o blues dunha estación que nunca pisei e boto de menos

E castelos góticos no aire que ninguén quixo respirar que resulta zugado e prepotente

E non nos dignamos a tocarnos por medo a comprobar se non estamos sós

E ninguén anda e non camiñamos xa non nos movemos se non é pola incercia

Non  hai anxos que morran que digan sobre as mellores mentes da súa xeración

Non hai chutes no barrio dos negros non quedan buscas abafantes por jazz morte ou gris

Ou dicir xa non volvemos xa non repetir e condenarnos a caer na ignorancia do saber

E recorrer o país sen saber por que que non e nunca e xamais e estamos cansos

De oír que non podemos que non debemos que non se nos permite

Que debemos limitar a nosa visión á liña do horizonte non non non máis alá

Todos os idiotas teñen agora opción de demostralo pero os idiotas ao demostrarlo

Déixannos sen anxos non sabemos onde estan os cadáveres dos nosos pais e

Pretendemos revolucionar a existencia sen arriscar e sen morrer e matarnos e volver

E sen arder e queimarnos e volver e sendo nucleares consideramonos atómicos mais non

Cada vez falamos máis de sexo pero non sabemos se imos ou vimos nin sabemos non

Non sabemos o que é romper o límite non vemos o fondo non tocamos fondo para velo

Meter sacar as noites de mamadas ou cen cunnilingus no abrente que importa a morte

Se non somos capaces de dicir non e pensalo e poetizar o non e sexualizar o poético non

Como non consumades a vosa xuventude como non vagabundeemos como non sexa

Como non nos perdamos na busca do infinito tentemos abrazar a Venus de Milo ou non

Ou non busquemos que chamamos decadencia a morte albisca a morte sabe quen nos ve

Ou azul ou morte ou ferros ou andamiaxe que nos afogue ou sucumbir ante o dinámico

Ver o gato negro ou sintetizar o empedrado ou ver como se derrete a percepción

Burroughs, Dalí, Ginsberg, Kerouac, Pereiro, Barrett ou todo ou non e paisaxe azul

O celeste non nos está permitido e non nos permitimos aproveitar o cadáver do Edén

Calquera revolución será bailada

TER ou non teR non é O RISMO
Ter:
Bomba lapa tria está salvada
A excepción do xemido subterráneo en contracorrente subalterna
Las fuerzas y cuerpos de seguridad
El equipo especial
Nuestros héroes
(A nos as heroínas)

Non ter:
Miss Il Sung amenaza mundial,escondan
ós mulleres,ós bisexuales e á tristeza.
Combustan en medos antroposexuales
sobrevivan na liña recta,porque é a única forma de sobrevivir
sexan homenaxe á historia,síntanse parte de,SÍNTANSE PARTE,porque o son
inconscientemente
no levitar paralelo das visións repetidas.

Célula islamista
Ribosoma palestino
Hormona iraní.

Négome a existir en televidas paralelas
quero exisTIr na cotidianidade periférica,
na reducción expansiva que me faga eterno
e sempre TER O RITMO porque a revolución será bailando.

Non era necesario algo do estilo

Quizais sexa porque comeza a faltarme o osíxeno

 

Logo de  morrer tantas horas seguidas nun cuarto sen ventás

 

Ou tal vez é por mor de que levo 72 horas sen comer

 

Pero o caso é que non podo quitarme a Agustín Fernández Paz da cabeza

 

O aire acondicionado non existe, tampouco teño moedas para alimentalo

 

A camiseta está nun punto de perfecta síntese co meu corpo enchoupado

 

Tamén Miguel Anxo, din, era bastante porco, mundanamente falando

 

Din que unha vez, pintando a capela Sixtina,

 

Lle deu unha contractura, ou algo así, e quedou tres días boca arriba

 

No máis alto do seu paramento, e, cando o levaron ao hospital

 

E comezaron a sacarlle a roupa, a pel das pernas despegábase cos calcetíns

 

Dende que sei isto, procuro non entrar na panadería se non é estritamente necesario

 

Un nunca sabe cando un confiteiro lle pode estar apuntando cun Magnum ás pelotas

 

Quizais sexa que levo días e anos creo que aquí encerrado, non sei

 

Pero comezo a crer que Agustín é un dos meirandes literatos da historia de Galicia

 

As súas lentes son moi semellantes ás de Castelao, quen sabe se as mesmas

 

Agustín, mira que me jodiche a infancia con “Aire Negro”, pero ben sabes

 

Eu nunca cho tomei a peito, sempre souben que non era persoal

 

O alento da xente apesta cando a xente non come, é un olor noxento

 

Supoño que cando Agustín non come cheirará a ambrosía

 

O teito, as paredes, todo é de pedra, e eu tomei un chisme que me mareou

 

E non fago máis que darlle voltas á cabeza co carallo de Agustín

 

O único do que me arrepinto nesta vida, querido amigo

 

É de non ir a aquela charla que viñeches dar ao meu instituto

 

Só por quedarme na casa xogando ao San Andreas, que novo era joder, que insensato

Ha llegado la primavera, señores

Todos os poetas morren novos

Todos os poetas arden ante

As miradas crepusculares

Da incoherencia e a mutilación dos soños

 

 

Os que saen nos libros de texto

Os vellos decrépitos,verdes e millonarios

Os anasados polo conformismo

Os que se dobregan ante a vida

 

                     Eses

             Non son poetas

Eses son funcionarios da palabra

 

Queimemos o mundo mentres

Nos quede gas no chisqueiro

Demostremos que a nosa miseria

É a máis ínfima de todas as verdades

 

Nova Iork nunca será nosa

Nin tampouco falta  nos fai

Derrubemos os alicerces de todo

Porque só así o mundo se pode sustentar

 

E se mexan por nós berremos

E se a lúa morre será porque sae o Sol

E non deixemos nunca que a nosa voz

Enmudeza en favor do noso estómago

 

Vivamos como cadáveres

Mataría a Noriega Varela e a Leiras Pulpeiro cun Walkman

Que é poesía?

Me preguntas mentres che cae a baba

E proxectas a furia do teu ollo chosco en min

Eu non son un poeta

Non teño nin idea do que é a poesía

Pero supoño que

Os libros de duascentas páxinas

Cheos de merda sentimentalista

Os cantos de cisne dos corvos decadentes

A merda astral de quen vos esmaga os miolos

Os retrasados que se queixan do pouco que os entenden

– Eu-

O mundo en xeral

As mansións opulentas de luns a domingo

A miseria en pequenas cantidades

Non perder nunca

A obra completa de Góngora e Quevedo,

Os pseduocantores que anidan nas redes sociais

Os asesinos da liberdade propia de autodeterminación expresiva

Ou os imbéciles, como diría meu avó

Supoño que iso non é poesía

Pero quizais só o supoño, e eu tampouco teño puta idea de nada

Hold on tight to your dreams

Hold on tight to your dreams

 

Pégate unha hostia na moto

 

Saca un moco e cómeo

 

Afeita só a metade da cara

 

Pínchate Betadine con xiringas usadas

 

Queima un libro de Bécquer

 

Hold on tight to your dreams

 

Pon a calefacción a 30 º C

 

Durme no sofá se che parece

 

Fai chuletas para o psicoténico do coche

 

E mángate mángate mángate mángate

 

Hold on tight to your dreams

 

Baila sen roupa na rúa

 

Mexa pola ventá

 

Merenda ás 9 da mañá

 

Hold on tight to your dreams

 

Fuma porros no capó do 4×4 do Seprona

 

Durme ao quente no cuartel

 

Córtate as venas por se acaso

 

Mentos con Coca Cola es bien

 

Hold on tight to your dreams

 

Yeah

 

Faite alcalde de Santiago

 

E a vivir Your Dreams

Chove oh

Baixar á rúa

 

Chove

 

Sobre mollado

 

Chove

 

Fai frío

 

Chove

 

A rúa deserta

 

Chove

 

Camiñar só un bo anaco

 

Chove

 

Miseria costumista

 

Xente agochada

 

Na rutina

 

Arroupada

 

Pola rutina

 

Chove

 

Ninguén se decata de que hai xente que chora

 

Cando chove

 

Olvidámonos dos demais

 

Cando chove

 

Chove

 

E só somos capaces de ver nubes

 

Beirarrúas inundadas

 

O segundo diluvio

 

Non afogará as vosas penas

 

Chove

 

E así se ve reflexado

 

No noso interior

 

Somos os restos da nube máis gris

 

Baixar á rúa é un poema

 

Un intento

 

Dun guerreiro do fracaso

 

En que momento eliximos isto?

Lume

Procuro o lume da condición humana.
Lume da túa excitación,
lume da túa ollada eterna,
lume da nosa gran tentación,
lume do teu sorriso.
Lume dos insaciables latexos
lume sen dano,
lume sen fin,
lume sen lapas.

Sen as lapas da vida,
da vida efémera, libre,
carecen de vida as lapas,
as lapas do meu insomnio.

Só o meu maxín ten presente
eses momentos contigo,
momentos nos que as lapas volven
recordar que ti es o lume no cal arde a miña vida.