O tempo pasa voando

Hoxe non quedan anxos beatniks dispostos a nada para facelo todo

Non hai quen diga Hey babe, take a walk on the wild side

Faltan suicidas, borrachos e ionkis, falta apertura de miras

Camiñar sen saber sen saber se camiñar ou ir a onde sexa

Nin perderse nin morrer nin abafarse nin estoupar para renacer

E arder ante miles de millóns de menos elevados a unha potencia que nunca teremos

E dicir non non non non non hai quen diga non agora xa non

Todo nos dá igual pero non non queremos un cambio e non non

E movernos non non e dicir non non e bailar non non e estoupar outra vez non non

E dar a vida por algo que non existe no es constitucional e non non non e non te mates

E non morras non é legal que un decida sobre si queimarse vivo pena ou anguria ou

Cabalo ou morte de ferro ou o blues dunha estación que nunca pisei e boto de menos

E castelos góticos no aire que ninguén quixo respirar que resulta zugado e prepotente

E non nos dignamos a tocarnos por medo a comprobar se non estamos sós

E ninguén anda e non camiñamos xa non nos movemos se non é pola incercia

Non  hai anxos que morran que digan sobre as mellores mentes da súa xeración

Non hai chutes no barrio dos negros non quedan buscas abafantes por jazz morte ou gris

Ou dicir xa non volvemos xa non repetir e condenarnos a caer na ignorancia do saber

E recorrer o país sen saber por que que non e nunca e xamais e estamos cansos

De oír que non podemos que non debemos que non se nos permite

Que debemos limitar a nosa visión á liña do horizonte non non non máis alá

Todos os idiotas teñen agora opción de demostralo pero os idiotas ao demostrarlo

Déixannos sen anxos non sabemos onde estan os cadáveres dos nosos pais e

Pretendemos revolucionar a existencia sen arriscar e sen morrer e matarnos e volver

E sen arder e queimarnos e volver e sendo nucleares consideramonos atómicos mais non

Cada vez falamos máis de sexo pero non sabemos se imos ou vimos nin sabemos non

Non sabemos o que é romper o límite non vemos o fondo non tocamos fondo para velo

Meter sacar as noites de mamadas ou cen cunnilingus no abrente que importa a morte

Se non somos capaces de dicir non e pensalo e poetizar o non e sexualizar o poético non

Como non consumades a vosa xuventude como non vagabundeemos como non sexa

Como non nos perdamos na busca do infinito tentemos abrazar a Venus de Milo ou non

Ou non busquemos que chamamos decadencia a morte albisca a morte sabe quen nos ve

Ou azul ou morte ou ferros ou andamiaxe que nos afogue ou sucumbir ante o dinámico

Ver o gato negro ou sintetizar o empedrado ou ver como se derrete a percepción

Burroughs, Dalí, Ginsberg, Kerouac, Pereiro, Barrett ou todo ou non e paisaxe azul

O celeste non nos está permitido e non nos permitimos aproveitar o cadáver do Edén

Deja un comentario